Cursos/Exposicións


CURSOS


EXPOSICIÓNS

Exposición de TÍTERES CACHIRULO
MARIONETAS DO MUNDO

Do 2 ao 29 de outubro de 2026
Biblioteca Ánxel Casal · Santiago de Compostela

Marionetas do Mundo propón unha viaxe por África, Asia, Europa, América e Oceanía a través das súas marionetas, títeres e teatros de sombras.

Un percorrido pola diversidade das formas de representación e polas diferentes estéticas, técnicas e tradicións que cada cultura desenvolveu para dar vida á materia e contar historias.

Marionetas de fíos de China, figuras de Mali, Congo e Senegal, sombras de Indonesia, o colorido de México e Ecuador, representacións de pobos orixinarios de América ou os singulares títeres para adultos do Río da Prata forman parte desta viaxe, na que descubriremos técnicas como a vara, o bunraku, a luva, a sombra, o fantoche e o fío.

Unha exposición para descubrir como, en lugares moi afastados entre si, unha mesma fascinación se repite: converter un obxecto inanimado nun ser capaz de emocionar, divertir e contar historias.

Unha viaxe polo mundo a través das marionetas.