Premios anteriores

2025

Nesta edición, queremos destacar o compromiso artístico, social e cultural de Enkarni Genua, fundadora –xunto a Manolo Goméz– do grupo Txotxongillo Taldea (1971), pioneiro na posta en escena de espectáculos de monicreques en euskera, levando durante máis de medio século o teatro de marionetas por países, cidades, pobos e barrios. A súa contribución é inconmensurable. Enkarni e Manolo colaboraron na posta en marcha do Titirijai, Festival Internacional de Títeres, e na creación do TOPIC — Museo e Centro Internacional da Marioneta, en Tolosa.

A achega de Enkarni Genua como escritora para o teatro de figuras é fundamental, e conta con máis de 40 obras e publicacións en distintos ámbitos: literatura infantil, xuvenil, teatro, tv, contos, discos, materiais didácticos, etc.
As súas creacións destacan por revitalizar a literatura oral, a mitoloxía e lendas de Euskadi, así como polo seu compromiso coa muller e os colectivos máis desfavorecidos.

Eduardo Rodríguez Cunha, "Tatán".

2024

O Festival Internacional Galicreques, nesta súa 29ª edición, concédelle a Eduardo Rodríguez Cunha, “Tatán”, o Premio de Honra Galicreques 2024. Con este galardón, queremos celebrar e reinvindicar a traxectoria, o esforzo e o talento dun dos grandes nomes das nosas artes escénicas. Sen o seu traballo como actor, como titiriteiro, o noso teatro non sería o que é hoxe por hoxe. “Tatán” forma parta da xeración de pioneiros que abriu camiños para a dignificación da escena dos monicreques. O seu labor en Tanxarina, unha das compañías máis importantes do país, é exemplo para todas as xeracións, para calquera artista e para o futuro deste oficio dos títeres. Galicreques agradécelle a “Tatán” con este premio a súa enorme, brillante e imprescindible contribución ao teatro.